CRTVG

Buscar

Os galegos danlle a benvida ao 2020 con alegría, música e fogos de artificio

Publicado o 01/01/2020 10:50

Acaba de pasar a noite máis longa do ano, e non por temas astronómicos, senon pola festa rachada que adoita acompañar a benvida ao ano novo. Así viviu Galicia a chegada do 2020.

A conta ata doce máis agardada do ano tivo no Obradoiro o seu encontro máis multitudinario. Despois da tensión de dar papado a tempo as uvas canda as badaladas da catedral comezou a festa rachada. Moita música, moito bailes e moitos brindes se viron polo 2020 acabado de vir ao calendario.

Os que tomaron as uvas na casa saíron masivamente á rúa pouco despois da medianoite. En Vigo celebrouse tamén unha festa multitudinaria. O tempo, frío pero sen chuvia, animou a moitos a estirar as horas no exterior. Con todo, as discotecas tamén se encheron ata ben entrada a madrugada.. e en moitas, arestora, aínda ha de haber un bo número de mozos e mozas celebrando coas súas mellores galas un ano novo que, como todo o que comeza, vén cargado de ilusión.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/01/2020