CRTVG

Buscar

Os galegos da segunda B falan do futuro da competición

Publicado o 03/05/2020 21:20

Co protocolo para o fútbol profesional en marcha, moitos afeccionados agardan coñecer o futuro das outras categorías. Todo é unha incógnita. A Federación decidirá. A chave é a segunda B. Hai varias teorías. Liguiñas rápidas para ascender, sen descensos, non xogar nada máis e que suban os primeiros clasificados, creación dun grupo profesdional... Moitas opcións que non convencen os nosos representantes. Mateo Mígues, co Coruxo, di: "No caso de ascenderen equipos, de xogarse eliminatoria e se non hai descensos, sería algo moi negativo para todos porque para o ano que vén habería en vez de oitenta cento vinte equipos na liga. Neste caso, sería prexudicial".

O racinguista Diego Rivas é da mesma opinión. "Aínda faltaban dez xornadas por disputarse e ninguén tiña nada garantido a estas alturas. Permitir que haxa ascensos e non descensos vai modificar todas as categorías se se toma esta decisión".

E Víctor vázquez, do Pontevedra, coincide. "Dar a liga por terminada, dando ascensos, non creo que sea xusto cando quedan tantos puntos por díante".

E cal é a opción? Acabar a liga máis aló do verán? E que pasa cos contratos? Semella complicado. Víctor Vázquez intentaría rematar cando fose. "Eu aprazaría a competición. Xogaríaa cando se puidese, dentro dun mes, de dous ou de tres. O que fixera falta, pero acabar a competición".

Mateo Míguez e Pablo Rey ven a opción complicada. "Os contratos acaban o trinta de xuño e é moi difícil prolongalos. A outra posibilidade é suspender a liga e dala por finalizada e empezar de novo o ano que vén cos mesmos equipos e os mesmos grupos". "Eu creo que se debería dar por anulada e o ano que vén empezar unha de novo".

Rubiales e a Federación teñen a palabra para decidir sobre unha categoría que, desde a súa creación, sufríu múltiples modificacións.

Noticias web

03/05/2020