CRTVG

Buscar

Os galegos Carlos Arévalo e Rodrigo Germade, prata en K4 500 e billete para Toquio

Publicado o 25/08/2019 16:34

Aínda coa imaxe na retina da emocionante medalla de bronce de Teresa Portela, que ás nove da noite regresa a Galicia, hoxe podemos celebrar a medalla de prata no K4 500. Un segundo posto que tamén dá o pasaporte para os xogos de Toquio. Un éxito para os galegos Carlos Arévalo e Rodrigo Germade acompañados por Saúl Craviotto e o balear Marcus Walz.

Foi unha final disputadísima que gañaron por moi pouco os alemáns. É a sétima medalla para España neste Mundial de Hungría.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/08/2019