CRTVG

Buscar

Os futuros técnicos sanitarios e de emerxencias participan nun simulacro de derrubamento

Publicado o 02/05/2019 19:56

Decenas de feridos durante un espectáculo escolar. Non sé preocupen, é só un simulacro que realizaron en Vigo os futuros técnicos sanitarios e de emerxencias.

Nunha situación de estrés, con decenas de feridos, eles deben ser capaces de manter a calma e coordinarse. Os alumnos de sanitaria do IES Ricardo Mella de Vigo demostran neste simulacro o aprendido no curso. Unha posta en escena o máis semellante posible a ralidade.

Despois deste simulacro os alumnos verán nun vídeo as súas reaccións e avaliarán se actuaron da mellor maneira posible, para aprender dos poibles erros cometidos durante a práctica.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/05/2019