CRTVG

Buscar

Os furtivos arremeten contra o vehículo dos vixilantes da confraría de Boiro para fuxir co marisco ilegal

Publicado o 03/02/2020 14:21

Os furtivos volveron actuar en Boiro. É o enésimo incidente entre os mariscadores furtivos e os vixilantes da confraría de Boiro.

Tras sorprendelos cargando uns 20 quilos de ameixa xapónica na zona de Porto Mouro, nas inmediacións da praia de Mañóns, os vixilantes obstruíronlles a fuxida co seu vehículo, e non dubidaron en arremeter contra o coche para escapar do lugar, pasadas as dúas da mañá.

Son vellos coñecidos da confraría, onde reiteran a súa indignación pola impunidade coa que actúan e advirten do agresivos que son.

Noticias web

03/02/2020