CRTVG

Buscar

Os furanchos xa abriron as súas portas para festexar o san Brais

Publicado o 30/01/2019 21:14

Se hai un santo que se festexa en Vigo é san Brais. Aínda que se celebra o domingo, xa se sente no ambiente e os furanchos abriron as súas portas.

O menú que se pode atopar nestes furanchos non é moi amplo, pero si se pode tomar un bo cocido, calquera produto vencellado ao porco ou unha rica e saborosa tortilla. O que si que non pode faltar é o viño.

Se están pensando en reservar un cocido para comer o domingo no san Brais, saiban que xa quedan poucas prazas libres nos furanchos.

Noticias web

30/01/2019