Os furanchos reabren a próxima fin de semana
Publicado o 03/06/2020 16:32
Os furanchos prepáranse para abrir a próxima fin de semana logo de dous meses e medio pechados. Xa recibiron a autorizacón da Xunta.
Daban por perdida a tempada, pero a desescalada chegou tamén aos furanchos tras a autorización por parte da Xunta hai uns días. Agora apuran os preparativos para poder recibir os clientes a próxima fin de semana.
Tras dous meses e medio sen actividade, tratarán de aproveitar o que resta de temporada para poder dar saída ao viño excedente da última colleita.
Os furanchos que optaron pola apertura entre marzo e maio poderán solicitar un cambio de datas para salvar a temporada, que en principio remata o 30 de xuño. Desde as federacións de furancheiros piden que se amplíe o período de apertura.