CRTVG

Buscar

Os furanchos inician a súa actividade e adáptanse á normativa de seguridade

Publicado o 20/05/2021 14:11

Os furanchos inician a súa actividade. Algúns acaban de facelo e outros ultiman os preparativos para abrir nos próximos días. Unha apertura distinta marcada polas medidas de prevención que esixe a pandemia.

É a mesma normativa establecida para a restauración galega no plan de hostalería segura. A adaptación supón un esforzo máis para unha actividade que se desenvolve en casas familiares.

Agardan que durante o verán poidan darlle saída ao excedente das súas colleitas nun ano no que a maioría destes establecementos non puideron abrir.

Noticias web

20/05/2021