CRTVG

Buscar

Os funxicidas alteran os aromas dos viños

Publicado o 02/03/2020 19:59

Seis anos leva a enxeñeira agrónoma Thais Sieiro investigando na Universidade de Vigo, no campus de Ourense, de que xeito os funxicidas afectan o perfil aromático dos viños.

Observaron que os efectos son maiores con doses superiores de funxicidas. Por iso recomendan aos viticultures empregar sempre a cantidade de pesticida mínima necesaria. Deste xeito non se alterará a calidade natural dos viños.

 

Noticias web

02/03/2020