Os funcionarios da Administración Xeral do Estado só poderán teletraballar un día por semana
Publicado o 15/09/2021 21:09

O Ministerio de Función Pública propón que os funcionarios retomen o traballo presencial o 1 de outubro e que rebaixen o teletraballo a un día á semana.A proposta non está a ter boa acollida entre os sindicatos que entenden que rompe co acordo acadado co anterior responsable do ministerio, Miquel Iceta, e que establecía 3 días de teletraballo semanais. Desde o ministerio sinalan que traballan para avanzar no acceso dos cidadáns aos servizos públicos.