CRTVG

Buscar

Os funcionarios do penal da Lama piden máis seguridade e melloras laborais

Publicado o 26/02/2019 19:14

Abandonados e desprotexidos. Así se senten os funcionarios do penal pontevedrés da Lama. E, para mostra, o acontecido nunhas poucas horas o pasado venres: unha pelexa entre cinco internos que acabou no hospital, a sobredose doutro que inxeriu de golpe as pastillas do tratamento psiquiátrico e un incidente no módulo dos presos máis perigosos.

Levan dous anos pedindo que a Administración penitenciaria do Estado tome medidas para garantir a súa seguridade e a dos internos. Reclaman melloras laborais e salariais, formación e remuda para un cadro de traballadores envellecido.

A Lama conta na actualidade con 200 funcionarios para vixiar 1.150 reclusos, algúns da perigosidade de Fabrizio Silva, alcumado o Hannibal Lecter dos cárceres españois.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/02/2019