CRTVG

Buscar

Os funcionarios de Xustiza volven manifestarse despois de dous meses de folga

Publicado o 07/04/2018 14:45

Os funcionarios da xustiza volveron saír hoxe á rúa en Santiago, despois de dous meses de folga. Continúan reclamándolle á Xunta a equiparación salarial e laboral cos traballadores doutras comunidades. Insisten en que a oferta da Administración non é aceptable e piden a dimisión do Conselleiro de Xustiza, Alfonso Rueda.

De novo xuntos en Santiago os funcionarios da Xustiza esixíronlle á Xunta que atenda as súas reivindicacións para darlle fin a unha folga que leva xa dous meses e que ten paralizados os xulgados.  "Que visualice a sociedade galega que o colectivo non acepta as ofertas de Rueda. Non é certo que teñamos intención de que esta folga dure.

É a Xunta co súa incapacidade para solucionar este conflito e a súa prepotencia a que está alongando e prexudicando a cidadanía."Acusan á Xunta de mentir sobre os intentos de negociación e diálogo e esixen a demisión do Conselleiro de Xustiza."Estamos para dicirlle a Rueda que é un mentiroso e non está a cumprir o acordo parlamentar que dicía que había que manter un diálogo permanente. A Xunta rompeuno.

"Pedimos a inmediata dimisión do señor Rueda como máximo responsable da Xustiza galega porque é incapaz de resolver un conflito tras 60 días."Nestes dous meses os traballadores resistiron a folga á espera dunha resposta. Rebaixaron de 190 a 180 euros lineais a súa reivindicación de suba salarial pero din que non hai diálogo.

"Están usando os descontos como medida intimidatoria para que a xente deixe a folga e se incorporte ao posto de traballo, pero a folga segue viva cun 80% de seguimento."Na protesta participaron os tres líderes da oposición que manifestaron o seu apoio aos traballadores e acusaron a Xunta de incapacidade para resolver o conflito.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/04/2018