CRTVG

Buscar

O Supremo di que non é necesaria a autorización da Igrexa para exhumar a Franco

Publicado o 09/10/2019 19:17

O Tribunal Supremo é contundente cos herdeiros de Franco: lémbralles que o Vaticano non se opuxo á exhumación dos restos do ditador e confírmalles que o Goberno non ten que pedirlle permiso á Igrexa para sacalos do Val dos Caídos.

A mesma resposta vale para o prior da basílica, que este mércores lle enviou esta carta á vicepresidenta do Goberno, advertíndoa de que non permitirá o acceso ao templo por tratarse dun lugar sagrado.

O Goberno dá o tema por liquidado, e fixará a data da exhumación nos próximos días. Carmen Calvo, vicepresidenta do Goberno en funcións, "temos unha sentenza que temos que executar, e tan só precisamos uns días. Como sempre digo, canto antes mellor, porque esa é a decisión do presidente adoptou para afastalo o máis posible da campaña".

A familia de Franco non se dá por vencida, e anuncia que esta mesma semana presentará un recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional. O mesmo fará a comunidade beneditina da abadía do Val dos Caídos.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/10/2019