CRTVG

Buscar

Os franceses que cheguen a Inglaterra non terán que pasar corentena

Publicado o 11/05/2020 08:57

Os franceses que cheguen a Inglaterra non pasarán corentena para evitar a propagación do coronavirus.

Así o anunciaron os gobernos dos dous países despois da conversación telefónica que mantiveron este domingo o presidente francés, Emmanuel Macron, e o primeiro ministro británico, Boris Johnson.

Ambos líderes acordaron constituír un grupo de traballo para garantir a cooperación franco-británica durante as próximas semanas.

Francia xa anunciou que as restricións nas fronteiras cos países do espazo Scheguen se manterán ata, polo menos, o 15 de xuño.

Noticias web

11/05/2020