CRTVG

Buscar

Os forenses salientan no xuízo o sangue frío de Marcos Mirás

Publicado o 27/09/2018 17:10

Na Coruña segue o xuízo contra o home acusado de asasinar o seu fillo de 11 anos nun monte de Oza-Cesuras o Día de Nai do ano pasado. Nesta cuarta xornada, os forenses que atenderon a Marcos Mirás tras a súa detención describírono como unha persoa desconfiada, arrogante e con moito sangue frío. 

Consciente e tranquilo, pero con amnesia. Así describiu a médico do 061 que explorou o acusado tras ser detido. Aquel 8 de maio, o procesado díxolle que non lembraba qué fixera co pequeno e que tampouco sabía qué puido pasar con el. Daquela, insistiulle en que fixera memoria e aí, dixo, enchéronselle os ollos de bágoas sen chegar a chorar.

A médica forense do Imelga que examinou o acusado catro días despois de, presuntamente, asasinar o seu pequeno destacou que non detectou nel síntomas psicóticos agudos. Describiuno como unha persoa arrogante e con moito sangue frío.

Pide para el o internamento nun centro psiquiátrico ou unha rebaixa da condena pola circunstancia atenuante do seu trastorno mental. Pola súa banda, tanto a Fiscalía como o resto das acusacións solicitan a prisión permanente revisable.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/09/2018