CRTVG

Buscar

Os forenses din que o parricida de Oza puido matar o neno a golpes na cabeza

Publicado o 28/09/2018 20:42

Esta mañá declararon varios expertos no xuízo polo asasinato do neno Javier en Oza-Cesuras. A psicóloga que atende a nai, o psiquiatra do pai, que é o suposto asasino, e tamén os forenses que examinaron as feridas da vítima.

O pequeno Javier, de 11 anos, sufriu un traumatismo cranioencefálico severo. É a conclusión á que chegaron varios dos peritos que declararon nesta quinta xornada do xuízo e que analizaron o encéfalo do cativo. Describiron que atoparon múltiples focos de hemorraxia na corteza cerebral, pero confirmaron que as causantes da morte foron as lesións no tronco cerebral. 

Declarou tamén o psiquiatra proposto pola defensa. No seu informe conclúe que o procesado sofre alteracións de carácter máis grave das que ten diagnosticadas.

As peritas do laboratorio de ADN que analizaron varias pezas de roupa, tanto do acusado como da vítima, en que atoparon restos de sangue teñen claro  que corresponen aos perfís xenéticos de ambos os dous.

Prestou tamén declaración o psicólogo de Sergas que atende a nai da vítima. Asegurou que a muller, dado que o dano sufrido é irreparable, xamais vai acadar o nivel cero de sufrimento.
Parcialmente colaborador e orientado. Así atoparon o acusado os médicos que o avaliaron ao ingresar en prisión e tamén ao día seguinte.

Está previsto que esta mañá remate a proba pericial. O xuízo retomaríase o martes coas conclusións finais das partes.

A Fiscalía e o resto das acusacións piden para Marcos Mirás a prisión permanente revisable.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/09/2018