Os forenses conclúen que os anciáns de Arzúa morreron a causa das coiteladas
Publicado o 23/10/2019 14:31

Os anciáns de 98 e 84 anos de Arzúa morreron a causa das coiteladas que recibiron. É a conclusión á que chegaron os forenses que lles realizaron a autopsia.
Esta mañá declararon no xuízo que se está a celebrar na Coruña contra unha muller acusada de matalos, en xullo de 2016. Precisaron, amais, que o home tiña só unha coitelada mortal no pescozo. A súa parella recibiu varias coiteladas, algunhas delas de tipo defensivo.
Nesta terceira xornada, a psiquiatra que avaliou a investigada tras os feitos asegurou que ela si sabe o que fixo, malia que non lembra os detalles.