CRTVG

Buscar

Os fondos europeos poderían atrasarse ata un ano

Publicado o 12/10/2020 10:02

Aínda que en España sexa día festivo, nas institucións europeas continúan traballando, e hoxe mesmo retómanse as negociacións presupostarias.

Unhas negociacións que quedaron bloqueadas a semana pasada polo enfrontamento entre O Parlamento Europeo e o Consello de Europa e que están deixando no aire a posta en marcha no novo marco financieiro, e con el, o multimillonario fondo de recuperación que tanto necesitan os países máis golpeados pola covid-19, entre eles, por suposto, España.

As fortes discrepancias empezan xa no importe total das axudas, que suman case dous billóns de euros, e seguen nas garantías de execución dos préstamos con arreglo ás normas do Estado de Dereito.

A maioría das fontes consideran que os acordos non verán a luz antes de finais deste mes, polo que os novos presupostos non entrarían en vigor polo menos ata xaneiro, co que os cartos do fondo de recuperación non chegarían ata finais de 2021. 

 

 

Noticias web

12/10/2020