Os fogos do Apóstolo volven lanzarse lonxe do centro histórico para evitar aglomeracións
Publicado o 21/07/2021 15:11
Por segundo ano, os famosos fogos do día 24 non se dispararán desde a praza do Obradoiro, senón desde 5 puntos diferentes da cidade para que non haxa aglomeracións. Estes 5 espectáculos serán sincronizados e son exactamente iguais para que se vexa o mesmo desde calquera zona de Compostela. Usarán 500 quilos de pirotecnia.
Tamén os fogos do día 31 se deseñaron para que sexan de altura e facilitar así o seu desfrute desde moitos puntos da cidade. Para esa fin de festa hai un lanzamento único desde a Cidade da Cultura, pero durará 15 minutos, igual ca o día do Apostolo. Desde o concello piden prudencia nos festexos.
As previsións falan xa de mal tempo, pero haberá que confiar que de aquí a aló a cousa vire para ben.