Os fogos do Apóstolo, en clave feminina, cunha homenaxe ás mulleres compostelás
Máis de 360 quilos de pólvora iluminaron Compostela na súa noite grande, acompañados dunha proxección que homenaxeaba as mulleres galegas. Este ano, a catedral compatiu protagonismo co Pazo de Raxoi, debido ás obras na basílica. Cun orzamento de máis de 250.000 euros, houbo momentos dramáticos, moita emoción e referencias á nosa cultura que incluíron a actuación de Cantigas e Agarimos. Unhas sete mil persoas viron os fogos do Apóstolo dende a cidade vella compostelá.
E despois da traca final, veu a festa por toda a cidade, nesta meta do Camiño de Santiago onde se mesturan os que viven aquí cos que veñen de fóra e cos que volven polo Apóstolo á casa.
A longa noite rematou con fileiras para coller un taxi, retiradas complicadas e festeiros que se negaban a volver á casa. A catedral, impasible, seguía aí.