CRTVG

Buscar

Os fogos do Apóstolo, dende distintos puntos de Compostela

Publicado o 24/07/2021 23:48

Na noite dos fogos do Apóstolo volveu apostarse por un sistema múltiple de lanzamento. Algúns dos emprazamentos escollidos foron a Alameda, o Parque Eugenio Granell, ou o Monte Gaiás. O obxectivo, evitar as aglomeracións por mor da covid.

A partir das once e media da noite e durante uns quince minutos foi posible ver os fogos, que tinguiron de luz o ceo en Compostela. E é que a pesar da pandemia, seguen a ser un dos grandes atractivos da noite do 24 de xullo. 

O espectáculo tamén puido seguirse dende a Televisión de Galicia, nun programa presentado por Eduardo Herrero e Loli Gómez.