CRTVG

Buscar

Os fiscais reclaman mais radares e controis nas cidades

Publicado o 21/11/2019 21:26

Reducir os accidentes de tráfico nas cidades. Ese é o obxectivo. Para conseguilo, fiscais e responsables de Tráfico das catro provincias, que se reuniron este xoves no TSXG,  coinciden na necesidade de controlar a velocidade nas vías urbanas. A única maneira é incrementar os radares

"As policias deben contar con radares, di o fiscal de Seguridade Viaria, porque o exceso de velocidade é o gran inimigo da seguridade vial e da sostibilidade das cidades".

Os fiscais reclaman, polo mesmo motivo, máis controis de alcol e drogas. O cánnabis, din, é letal ao volante, por iso non entenden que se banalice o seu consumo.

"O cánnabis afecta as facultades visuais e de concentración na condución", asegura Bartolomé Vargas.

Contar con máis recursos é prioritario, tanto para que os policias locais poidan ter aparatos suficientes para realizar os controis como para atender as vítimas. Din que son as grandes esquecidas en comparación coas vítimas doutros crimes.

Por iso o Ministerio fiscal comprométese a escoitalas e defendelas nos procesos penais, especialmente para que cobren as indemnizacións nos casos mais vulnerables. Porque, segundo os fiscais, un pai que perde un fillo cae en depresión e acaba perdendo o traballo.

A Fiscalía promoverá nas catro provincias, mesas de coordinación no ámbito educativo.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/11/2019