CRTVG

Buscar

Bos días

Os fillos dos Kirchner, acusados de branqueo de cartos

Publicado o 07/03/2017 09:47

Na Arxentina, Cristina Fernández pecha hoxe a rolda de interrogatorios previas, antes de que o xuíz decida se procesa a familia ex-presidencial. Onte comapreceron os seus fillos. Fano pola causa que investiga a empresa familiar Los Sauces, coa que supostamente branquearon cartos procedentes da obra pública. Máximo e Florencia Kirchner solicitaron que se arquive a investigación contra eles. Alegan unha persecución política.

Amparados por ducias de simpatizantes, a familia Kichner comezou o seu desfile ante a Xustiza. Foi no marco da causa Los Sauces, que investiga unha presunta rede de lavado de cartos como retorno da obra pública arxentina.

A primeira en comparecer foi Florencia Kirchner, minutos despois fíxoo o seu irmán Máximo. Ambos presentaron un escrito e negáronse a responder ás preguntas do xuíz.Este martes será a quenda de Cristina Fernández.

Os fillos da ex mandataria arxentina están sinalados por ter conformado, presuntamente, un grupo delictivo para beneficiarse con cartos de orixe ilegal a través da sociedade Los Sauces.

Diñeiro en concepto de alugueres e licencias que os Kirchner recibían en pago supostamente polo indebido outorgamento da obra pública a empresarios afíns coma Lázaro Báez ou Cristóbal López.

Segundo as pericias, Los Sauces tería facturado preto de 26 millóns de pesos, case un millón seiscentos mil euros, entre 2009 e 2016 a empresarios amigos e contratistas.

Cristina Fernández pechará este martes a ronda de interrogatorias previas, antes de que o xuíz decida se procesa á familia expresidencial, quenes se enfrontan a cargos de asociación ilícita, suborno, lavado de diñeiro e incompatibilidades coa función pública.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

07/03/2017