CRTVG

Buscar

Os fillos do acusado do crime de Cabana de Bergantiños din que non viran o pai bébedo

Publicado o 16/06/2020 14:47

Na Audiencia coruñesa celebrouse hoxe a segunda sesión do xuízo contra un home acusado de matar a tiros a súa muller en Cabana de Bergantiños. Hoxe, os fillos da parella recoñeceron que o día dos feitos non viron o seu pai bébedo, tal e como el confesara onte na sala, nun intento por xustificar o crime como un arrouto. O que tamén manifestaron é que o home non aceptaba a separación. 28 anos de cadea é a pena que para el piden as acusacións.

Noticias web

16/06/2020