CRTVG

Buscar

Os fieis honran o San Benitiño de Lerez ,o santo mais milagreiro

Publicado o 11/07/2019 13:11

 As misas comezan ás sete da mañá e celebrándose una cada 45 minutos ata a unha da tarde, cando se oficiou a misa cantada e despois á procesión do Santo.

Crisanto Rial. Cura de San Bieito. Bueno é a Fé dun pobo que ven de máis de mil anos. Este mosteiro ten mil cen anos. Non é por tanto unha cousa novedosa de hoxe. E aína que a veces os xornais din que as igrexas están vacías, que a relixión desaparece, bueno non nos preocupa, o feito é isto: ano a ano a devoción do pobo está a vista non só aquí senon que hai outros San Bieitos tamén en Lores, Cambados e non digamos outros santuarios como Os Miragres.

Os devotos que se acheguan ata o santuario recollen na súa maioría o aceite bendicido e queimado, xa que arde constantemente ante a imaxe de San Bieito. O uso deste aceite é moi diverso, pero a maioría dos devotos utilízano para aplicar sobre espullas.

 Para todos os problemas da pel. Para todos. Eu poido decirche o gasto incluso para problemas reumáticos porque dóeme moito un pé e de vez en cando frego o pé e creo que como teño tanta fé en San Bieito confío e vaime ben.

Outro dos rituais que levan a cabo este día é o de pasar tres veces por baixo do altar do santo. Tamén é costume pasar un pano pola imaxe de San Bieito, para posteriormente fregalo nas partes do corpo nas que os devotos buscan algún tipo de curación ou melloría. A ofrenda de candeas ao rematar cada misa é outra dos costumes de quen acode a honrar ao santo. Os romeiros repiten.

Veño a San Bieitiño todos os anos a traer a miña nai a misa. Ela sí o fai colle a botelliña de aceite e leva un pouquiño tamén para as espullas e para botar a pel. A devoción que temos nós ao santo, temos moita devoción ao santo ademáis xa nos ves aquí aguantando o temporal. Todos os anos que poido. Que é o que máis lle gusta desta romería? A misa, a romería que hai a devoción, temos todo.

Tamén houbo grupos de gaiteiros e mexilóns para todo o mundo. A festa segue tarde e noite.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2019