Os festivos reactivan a ocupación hoteleira en Ourense
Publicado o 14/05/2021 16:58
O alivio das restricións e o luns festivo están animando a viaxar. A primeira fin de semana completa sen estado de alarma mais o as Letras Galegas están reactivando a actividade turística. En Ourense, o sector rolda o 80 % de ocupación, sobre todo, para a xornada do sábado.
Aseguran que esa afluencia sería aínda maior se un dos principais reclamos da cidade, o termalismo, non estivese baixo mínimos. Malia e todo, agardan que as boas cifras se estendan ao resto da ponte. Ademais, confían en que o dinamismo destes días marque unha nova tendencia de aquí en diante.