CRTVG

Buscar

Os felos percorren as aldeas de Maceda no Entroido

Publicado o 22/02/2020 14:48

Xa dende ben cedo o son das chocas rompe a mañá na aldea de Castro de Escuadro
Esta é a primeira das nove aldeas da serra que hoxe percorren os Felos chegados dende distintos lugares de Maceda.
E o feito de non deixalo é toda unha ledicia para os veciños que agardan estes días de Entroido coma poucos. Celebran canda eles as súas falcatruadas e axudan a que vaian repoñendo forzas en cada parada.
Son algo trastes estes felos, gústalles subir o alto dos tractores, levantar saias, dar aperta, bailar, saltar e facer que o día se complique por momentos. Pero sempre son quen de que os seus veciños queden cun sorriso na cara.
E con esa emoción é coa que seguirán a súa andaina por toda a comarca durante estes días de festa. De nada serve loitar contra as súas falcatruadas así que xa saben, se non poden con eles, únanse a eles,déixense levar e gocen do Entroido.

Noticias web

22/02/2020