CRTVG

Buscar

Os felos anuncian que xa falta menos para o Entroido en Maceda

Publicado o 07/01/2018 15:09

Anda non saímos do Nadal e xa está aquí o Entroido. No concello ourensán de Maceda puidemos ver e escoitar esta noite por primeira vez os felos. Percorreron as rúas da vila ataviados só coa carauta e o bastón, facendo soar as súas chocas. Un son que nos anuncia que xa queda menos para a chegada dos días grandes da festa.

Levan todo o ano agardando por este momento. Os veteráns axuda aos máis novos a por a chocas. É a voz dos Felos. Ainda loce a iluminación de Nadal pero nas rúas de Maceda xa soa a Entroido.

Dentro dos bares... ou na rúa...Ninguen escapa as súas falcatruadas.... Por diante un mes de troula e diversión para no que ir acostumando o corpo de cara os días grandes nos que percorrereran todas as aldeas.

O número de Felos vai cada ano en aumento. Neste intre haberá uns 500. Un Entroido que xa late con forza na serra de SAn Mamede.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/01/2018