CRTVG

Buscar

Os feirantes maniféstanse en Santiago e piden retomar as festas

Publicado o 18/12/2020 11:15

Unha representación de feirantes de Galicia manifestouse en Santiago de Compostela para pedir que se retomen as feiras despois de meses sen traballar. Din que poden ofrecer ese servizo de maneira segura.

Beatriz Camarero, feirante, di que levan case 15 meses sen traballar e que en Galicia non se poden poñer atraccións desde o 4 de novembro. 

Cren que ao aire libre poderían poñerse as súas pequenas atraccións. Piden que se levante esa prohibición e que os separen das verbenas.

Destacaron que os autónomos ricibiron unha axuda de 2.000 euros por parte da Xunta.

Ata Santiago de Compostel acudiu unha representación e van percorrer en coche a metade sur de Galicia para pedir que os concellos lles deixen instalarse.

 

Noticias web

18/12/2020