CRTVG

Buscar

Os farmacéuticos, tamén na primeira liña da loita conta a pandemia

Publicado o 25/09/2020 21:34

Cos hospitais colapsados e o medo ao contaxio presente en boa parte da poboación, o papel dos farmacéuticos foi fundamental no asesoramento e achega de información sobre como afrontar os primeiros momentos dunha pandemia, de orixe e efectos descoñecidos.

Esa función ponse de relevo de xeito especial nunha xornada coma esta, en que se celebra o día mundial dunha profesión chave na cadea de saúde.

Non son só como fornecedor das medicinas prescritas polos médicos, senon tamén pola súa importancia na información sobre prevención e hábitos saudables.

En Galicia celebran este día mundial da profesión os titulares dunhas 1.350 boticas.
 

Noticias web

25/09/2020