Os farmacéuticos quéixanse de falta de previsión na xestión das máscaras
Publicado o 22/04/2020 15:14
Convertéronse nun dos bens máis demandados para protexerse da COVID-19. Pero os problemas de abastecemento e os prezos dificultan facerse cunha máscara. A decisón do Goberno que fixa o custo da máscara cirúrxica en 96 céntimos satisfai o sector farmacético, pero xunto aos distribuidores advirten de posibles perdas económicas.
Sobre o abastecemento din que a produción é variable e que vai chegando pouco a pouco. O Goberno reduce o IVE deste material cando sexa de produción nacional e destinada a hospitais. Tamén dixo que traballa para regular o custo das máscaras hixiénicas.
Máis sobre actualidade
17/01/2021 23:08