Os familiares do mozo acoitelado en Salceda agardan poder enterralo esta semana
Publicado o 11/06/2019 16:37
A familia do mozo acoitelado esta fin de semana en Salceda, continúa á espera de que se completen os trámites para poder levar o corpo a Marrocos, onde será soterrado. No Centro Musulmán de Vigo, onde o están a velar, repítense as mostras de dor e de cariño de todos aqueles que coñecían a vítima e que queren arroupar os pais e os seus tres irmáns. Mentres, o único detido como presunto autor das coiteladas pasou xa a súa primeira noite no cárcere despois de prestar declaración nos xulgados do Porriño.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Máis sobre actualidade
15/12/2019 02:11