CRTVG

Buscar

Os familiares de Daniel Pousa, desaparecido hai 5 anos, seguen tratando de localizalo

Publicado o 19/01/2019 18:47
Os familiares de Daniel Pousa, desaparecido hai 5 anos, seguen tratando de localizalo

Cinco anos se cumpren da desaparición de Daniel Pousa, de 62 anos, veciño da parroquia tomiñesa de Goián, sen que desde entonces se teña noticia do seu paradoiro. Residía só e as forzas de seguridade atoparon a documentación, gafas e as chaves do coche no interior da vivenda. Falouse daquela dunha posible vinganza dalgún veciño co que non se levaba. O dispositivo da busca non conseguiu localizalo.

Noticias web

19/01/2019