CRTVG

Buscar

Os familiares das vítimas de Spanair seguen pedindo responsabilidades políticas trece anos despois do accidente

Publicado o 20/08/2021 12:54

Fai trece anos do accidente aéreo de Spanair, en que morreran 154 persoas, unha das maiores traxedias da aviación española. Os familiares das vítimas realizaron esta mañá homenaxes en lembranza, tanto no aeroporto de Baraxas coma nas Palmas de Gran Canaria, o onde se dirixía o avión.

Tras a creba da aeroliña en 2012 e o peche da causa xudicial, a Asociación de Afectados continúan reclamando responsabilidades políticas e loitando para que se elimine calquera falla no sistema de aviación civil e se recoñezan os dereitos dos afectados por accidentes aéreos.

 

Noticias web

20/08/2021