CRTVG

Buscar

Os falecementos por covid−19 ascenden a 2.636 tras notificárense dúas mortes

Publicado o 28/09/2021 19:40
Os falecementos por covid−19 ascenden a 2.636 tras notificárense dúas mortes

O Sergas notificou este martes o falecemento de dúas persoas que foran diagnosticadas con coronavirus. Con elas, a cifra de vítimas ascendeu a 2.636 desde o comezo da pandemia en Galicia.

Os decesos son os dun home de 86 anos no CHUVI e unha muller de 89 anos no CHOP.

Segundo informa Sanidade, ambos padecían patoloxías previas.

Noticias web

28/09/2021