CRTVG

Buscar

Os fabricantes de lixivia aseguran que teñen máis traballo ca nunca

Publicado o 27/03/2020 10:18

As que non dan abasto son as empresas de lixivia por dobre motivo. Teñen máis demanda, pero menos materia prima. Unha das empresas afectadas está en Outeiro de Rei.

"Estamos traballando máis ou menos con normalidade. Só que temos que facer os pedidos á fábrica con maior antelación. É algo parecido ao que pasa co papel hixiénico, a xente compra lixivia de xeito impulsivo, pero non hai risco de desabastecemento".

"Sobre todo temos problemas loxísticos. A mercadoría chega cos transportistas e eles están pasándoo mal. Estase demorando todo, pero non vai haber desabastecemento".

Noticias web

27/03/2020