CRTVG

Buscar

Os expertos sitúan a inmunidade de grupo ante a covid no 90 por cento de vacinados

Publicado o 28/08/2021 20:27

Durante os primeiros meses da pandemia e trala aprobación das primeiras vacinas, os expertos aseguraban que era preciso inmunizar o 70 por cento da poboación para poder estar tranquilos. As autoridades sanitarias calcularon que se conseguiría a mediados de agosto. Probablemente sucederá en setembro pero xa non será suficiente. A variante delta, moito máis contaxiosa, cambiou as contas.

 "Efectivamente hai modelos matemáticos que nos levan a pensar que a posibilidade de conseguir a inmunidade de rabaño nos levaría ao 85 ou 90 por cento da poboación" di o profesor Martinez Olmos

Esa porcentaxe inclúe os menores de 12 anos, algo imposible porque de momento non se autorizou ningunha vacina para eles. Algúns epidemiólogos xa dubidan de que se poida chegar á inmunidade colectiva.

 "Ainda ten o cen por cento da poboación vacinada, non imos poder evitar que haxa contaxios porque se temos circulación do virus, as persoas vacinadas poden infectarse e poden contaxiar" afirma López Acuña. "Eu creo que hai que seguir insistindo en que as medidas de autoprotección e de protección colectiva, restricións, protección en ambientes pechados, máscaras, lavado de mans, ventilación, non aglomeracións, haberá que mantelas bastante tempo" conclúe Alberto Infante.

Noticias web

28/08/2021