CRTVG

Buscar

Os expertos sinalan fallos na actuación durante os incendios de Pedrógão Grande

Publicado o 13/10/2017 09:57

Os expertos sinalan fallos na actuación de Protección Civil durante os incendios rexistrados en Pedrógão Grande, no centro de Portugal, o pasado mes de xuño.

É unha das conclusións ás que chegou a comisión independente creada para investigar uns lumes que lle causaron a morte a 64 persoas e deixaron máis de 250 feridos. No seu informe, os técnicos aseguran que houbo deficiencias no comando, dificultades de comunicación e que os efectivos terían que evacuar a xente e controlar as estradas moito antes do que o fixeron. O primeiro ministro portugués, António Costa, dixo que van analizar o informe e que o goberno asumirá responsabilidades políticas, se fose o caso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/10/2017