CRTVG

Buscar

Os expertos recomendan vacinar os nenos contra a gripe

Publicado o 30/01/2019 21:50

A Sociedade Española de Pediatría de Atención Primaria recomenda vacinar os nenos contra a gripe. Desde o Sergas insisten en que non hai un consenso na comunidade médica, e as recomendacións xerais din que os que sexan poboación de risco si deben facelo. No resto dos casos, o consello é consultar cos especialistas en pediatría.

A Sociedade Española de Pediatría de Atención Primaria insta a que a vacina da gripe se inclúa no calendario común infantil a partir dos seis meses de idade. Aseguran que as taxas de vacinación da gripe en menores non son boas. Desde o Sergas remiten ás recomendacións xerais, atendendo especialmente as poboacións de risco, tamén no caso dos pequenos.

Desde a Sociedade Española de Pediatría de Atención Primaria explican que o virus adoita contaxiarse de nenos a adultos, e se estes pertencen a grupos de risco, maiores de 65 anos ou embarazadas, os pequenos deberían vacinarse.

Non hai un consenso establecido entre a comunidade médica e cada caso pode ser particular. Ante as dúbidas, o consello dos expertos non é outro que acudir aos especialistas en pediatria.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/01/2019