CRTVG

Buscar

Os expertos recomendan planificar as vacacións segundo os prazos das vacinas

Publicado o 28/06/2021 15:07

Moitos son os que estes días organizan viaxes para gozar das súas vacacións fóra de Galicia, pero pendentes de ser citados para recibir a segunda dose dalgunha das vacinas anticovid.

A recomendación é respectar o prazo entre as doses: tres semanas para a vacina de Pzifer, catro para a de Moderna e doce para a de AsraZéneca. No caso de ter que pospoñer a segunda dose, os expertos salientan que ese atraso non lle resta eficacia á vacina, sempre que pasasen 15 días dende a primeira dose.

Quen garda a información para responder rapidamente á infección polo virus son as células de memoria, e esas están activadas despois da segunda semana tras recibir a primeira dose por iso que o retrasar a segunda dose polas vacacións non ten demasiada importancia no tocante á resposta biolóxica. Se ben os expertos insisten na necesidade de acurtar os prazos para completar as pautas de vacinación para conseguir unha mellor resposta perante as novas variacións do virus. Cunha soa dose, a inmunidade das persoas non supera o 50 por cento.

Debemos acurtar o volume de poboación que está cunha soa dose para que non aparezcan variantes que aprendan a eludir a resposta inmunitaria. Na rúa, entre vacinarse e ir de vacacións.  Con todo, cómpre lembrar que non estar vacinados non impide gozar dunhas merecidas vacacións sempre e cando levemos na maleta o sentidiño.

Noticias web

28/06/2021