CRTVG

Buscar

Os expertos recomendan manter as peaxes renegociando as concesións das autoestradas

Publicado o 09/05/2019 21:05

Como manter as autoestradas e as autovías en boas condicións sen arruinar as arcas públicas? Os expertos convidados ao Foro Económico de Galicia avogan por manter as peaxes, pero renegociando as concesións para que o Estado non acabe sempre pagando as perdas. 

Mar González Savignat, profesora de Economía na Universidade de Vigo: "O que fai falta é un novo mecanismo para repartir mellor o risco entre as Administración e a concesionaria. Porque cando as cousas van mal a Administración sempre é que a ten que financiar as perdas".

Outras voces avogan por que o Goberno redistribúa as peaxes dun xeito máis equitativo para non provocar desigualdades territoriais. 

Manuel Lago, economista: "Unha empresa de Ferrol pode chegar ata Euskadi por unha autovía de balde, pero se quere ir a Vigo ten que pagar unha autoestrada de peaxe".

O foro galego reúne ata este venres na Toxa máis de 60 economistas e empresarios para debater asuntos de actualidade que afectan o noso desenvolvemento.

Noticias web

09/05/2019