Recomendan intensificar o trampeo para previr picadas de velutina tras o confinamento
Publicado o 11/05/2020 15:49
Despois de dous meses de confinamento, hai que ter especial coidado no regreso a determinados lugares para evitar as picadas das vespas velutinas.
Casos graves como o sucedido esta fin de semana, coa morte dun home en Santiago, non son habituais. Con todo, os expertos recomendan practicar o trampeo para pevir accidentes. Explican que unha botella de plástico con zume de arandos e cervexa negra pode axudar a atraer os insectos.
Tamén recomendan como medida de prevención levar no móbil a aplicación do 061 que pode trasladar un aviso urxente en caso de picada.