CRTVG

Buscar

Os expertos en linguas estranxeiras recomendan aprender un mínimo de tres idiomas

Publicado o 04/05/2019 18:20

Profesorado e alumnado comparten as súas experiencias no ensino de linguas estranxeiras nun encontro en Santiago. O obxectivo da Xunta é extender a aprendizaxe de máis dun idioma a todas as etapas educativas.

A necesidade de camiñar cara ao plurilingüismo ponse de manifesto no día a día e cada vez máis, de aí a importancia de levalo ao ensino, dende os primeiros anos. Os profesionais da materia suxiren falar como mínimo dous idiomas estranxeiros a maiores das linguas maternas.

Manuela Ferreira, do Instituto Francés de España: "Para construír o espazo común europeo e vivir nun espazo con máis diálogo entre todos os pobos que componen ese espazo, necesitamos defender o plurilingüismo. Por exemplo, aquí en Galicia non se fai, porque en España o segundo idioma non é obrigatorio".

Robin Walker, do Trinity College de Londres: "Eu doume por contento se falan tres. Eu creo que camiñamos cara que cada persoa fale a súa lingua ou linguas materna, fale inglés e que se defenda en outras dúas ou tres linguas do seu entorno".

Carmen Pomar, Conselleira de Educación: "Creo que si que hai reforzar algunhas linguas que quedaron un pouco desprazadas polo monopolio do inglés en determinado tipo de ámbitos profesionais".

A formación contínua do profesorado e traballar sobre os erros na aprendizaxe do alumno, servirannos nesta tarefa.

Falan os participantes: "Hai miles de formas de coller un erro e reflexionar sobre el ou convertelo nun xogo... Recoñecelos para o que son, unha indicación do progreso que fai o almno".

"Estamos avogando por poñernos ao día en todo tipo de actividades que poidan resultar boas, para despois tranmitir a aula. Con iso tamén nos refrescamos".

Máis de 400 docentes de toda Galicia participan nas IV Xornadas Galegas de Linguas Estranxeiras, en Santiago.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/05/2019