CRTVG

Buscar

Os expertos piden mellorar os sistemas de detección e vixilancia das variantes do virus

Publicado o 26/01/2021 15:20

Deste virus hai que aprender día a día. Os que están na primeira liña sábeno e piden seguir mellorando o sistema de detección de casos e o de vixilancia.

Gabriel Reina, microbiólogo da Clínica Universidade de Navarra, incide en que "un sistema de vixilancia debe ser capaz de detectar esas variantes e coñecer tamén precozmente a capacidade desas variantes para non responder igualmente en caso de que as persoas vacinadas se infecten con este tipo de variantes".

As farmacéuticas aseguran que poden adaptar as súas vacinas á evolución do virus, pero a mensaxe é ir por diante dunha posible cepa nova. Sobre a vacina de Moderna hai recomendacións da Organización Mundial da Saúde. Pide que só se subministre a embarazadas en caso de alto risco. E, excepcionalmente, acepta estender o intervalo das doses ata seis semanas.

Segue preocupando como conseguir a concienciación de todos. 

Conchín Abellás, vicepresidenta de SEMES en Galicia, lembra: "Cada segundo que pasa contáxiase unha persoa e cada cinco minutos está morrendo un pai, unha nai, un fillo, un amigo ou un irmán. Concienciémonos de que isto é moi serio".

Os que están en primeira liña apoian medidas drásticas para frear estas cifras.


 

Noticias web

26/01/2021