CRTVG

Buscar

Os expertos piden máis prudencia ante a inmunidade baixa dos galegos

Publicado o 22/03/2021 14:21

Hai dous meses chegou a acaparar o 50 % das urxencias e os casos graves contábanse por centos, pero as cifras da covid en Galicia son hoxe moito máis favorables.

"Estamos nunha situación controlada, pero non hai que levantar o pé", é o que hoxe nos din os expertos, que nos invitan a mirar as incidencias disparadas de Francia ou Italia para decatarnos de que segue o risco.

"A Semana Santa é un risco e San Xosé foi un risco. Estamos vendo que houbo festas. É un comportamento minoritario, pero vemos que poden contaxiarse", advirte Xosé Manuel Fandiño, presidente en Galicia da Sociedade Española de Medicina de Urxencias.

Os responsables médicos din que o sistema non está a salvo do colapso porque en Galicia somos máis dun 90 % as persoas sen inmunidade e, por iso, non estamos a salvo de contraer a emfermidade mentres haxa virus en circulación.

"Probablemente teñamos que loitar por unha situación de covid cero". Por iso, momento non de relaxar nin descomprimir, senón de, máis ca nunca, soster o esforzo, para evitar mortes e tamén para poder aproveitar o bo tempo.

Parece lonxe, pero do noso comportamento hoxe, aseguran, vai depender non só a calidade das nosas vacacións de verán, senon tamén o próximo outono.

Noticias web

22/03/2021