CRTVG

Buscar

Os expertos insisten en que non podemos baixar a garda ante a covid-19

Publicado o 04/07/2020 21:27

Leticia é enfermeira dende 2007. Leva dous anos no hospital Gregorio Marañón de Madrid. Alí viviu en primeira liña o peor da pandemia do coronavirus na unidade de coidados críticos.

Os máis graves pasaban directamente das urxencias aos coidados intensivos. Dí que psicoloxicamente foi duro, xa que nada parecía dabondo para atender as ducias de pacientes que chegaban cada día.

Coida que non será un inverno fácil e que non podemos relaxarnos nin baixar a garda durante o verán.

E apunta que o virus non entende de idades, malia que os maiores son máis vulnerables, ninguén está libre de contraer a enfermidade. Insiste en que a prudencia é básica para evitar entre todos que se repitan situacións como as vividas nos últimos meses.

Noticias web

04/07/2020