CRTVG

Buscar

Os expertos galegos revisan hoxe o plan de Nadal

Publicado o 21/12/2020 15:19

Seis na mesa e de só dous núcleos familiares. Esta é a recomendación a día de hoxe en canto ás xuntanzas, e parece que está clara na rúa. Moitas familias non cearán este ano con todos os seus seres queridos.

A partir do día 23 os galegos poderemos movernos para ver os nosos familiares, tanto dentro da comunidade como fóra. As medidas avaliaranse periodicamente durante o Nadal e os expertos insisten en que se endurecerán se é necesario, tanto no que ten que ver coas xuntanzas como coa mobilidade.

Polo momento, algúns concellos como Santiago e Vigo manteñen as cabalgatas estáticas, e outros como A Coruña farana por barrios.

A concienciación é unha das ferramentas máis importantes para combater o virus tamén durante o Nadal.

Noticias web

21/12/2020