CRTVG

Buscar

Os expertos falan da 'revolución da lonxevidade' polo aumento da esperanza de vida

Publicado o 03/03/2020 21:15

O aumento da esperanza de vida non só quere dicir que vivamos máis anos senón que todas as idades se modifican coa expectativa de atrasar o avellentamento. Daí que os expertos en demografía falen da revolución da lonxevidade.

Non é o mesmo facer 40 anos cando a expectativa de vida é de 50 que telos agora, cando ese umbral supera os 80. Ademais de crear sociedades máis plurais, o incremento da supervivencia é unha sorte de rexuvenecemento para moitas idades.

A coruñesa Dolores Puga é unha das expertas convidadas ao ciclo de conferencias programadas ao fío da exposición A vivir que son 100 anos, que Afundación e o CSIC exhiben ao público no Café Moderno de Pontevedra. Segundo explicou, en todas as especies animais sen excepción, unha das consecuencias da lonxevidade é a baixa natalidade.

Diante de traxetorias tan prolongadas, temos tempo, afirma Puga, para reinventármonos varias veces, por iso cómpre manterse activo e con proxectos. Porque avellentar non é malo, asegura, o malo, claro, é non chegar a vello.

Noticias web

03/03/2020