CRTVG

Buscar

Os expertos en psicoloxía infantil piden que se estuden as saídas seguras dos menores

Publicado o 13/04/2020 14:05

Hai xa máis dun mes que os nenos e nenas permanecen encerrados na casa debido ao coronavirus. Un confinamento que pode ter consecuencias negativas no seu benestar emocional. Por iso cada vez son máis as voces que piden que os menores poidan saír para dar paseos curtos, preto da casa e acompañados dun adulto.

Inma Araújo, psicóloga do programa de menores Alborada, explica que é necesario que os nenos e os adolescentes poidan saír ao exterior.

Unha medida que xa está en vigor en países como Italia, pero que tamén presenta, segundo os expertos, dificultades e riscos.

Aida Blanco, presidenta Asociación Amino.Gal, di que unha relaxación do confinamento para os nenos, podería contemplar máis riscos que beneficios.

Inma Araújo lembra que estamos nunha situación de alarma, e di que se debería crear unha mesa de expertos para dar coa mellor solución.

Polo momento en España non está permitida esa relaxación do confinamento para os menores, que continúan facéndolle fronte dende a casa a unha situación extraordinaria, con paciencia, creatividade e sentido do humor, confiando en que todo pasará.

Noticias web

13/04/2020