CRTVG

Buscar

Os expertos cren que en poucas semanas a variante delta será a máis habitual en Galicia

Publicado o 28/06/2021 14:16

Os expertos cren que en poucas semanas a variante delta será a máis habitual en Galicia como xa ocorre no Reino Unido. Apelan á prudencia porque aínda que non parece máis perigosa, contáxiase máis.

"Non parece que sexa máis grave que as variantes detectadas ata agora. Transmítese mellor. Son os datos que temos ata o momento. Os servizos sanitarios do Reino Unido téñeno moi estudado e neste momento non parece máis grave, si que se contaxia mellor e as persoas cunha soa dose da vacina non estarían tan protexidas fronte a esta variante como fronte ás outras. No caso de ter as dúas doses, as vacinas funcionan igual", di Isabel Bandín, profesora de Viroloxía.

Noticias web

28/06/2021